PERSOAL TÉCNICO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL
Breve descrición da organización
Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) é unha organización non gobernamental, laica e feminista, comprometida desde 1990 coa transformación social e a construción dun mundo máis xusto. Defendemos a paz como dereito e como proceso, promovendo unha cultura de paz a través da cooperación internacional, a acción humanitaria, a participación cidadá e a defensa activa dos dereitos humanos (DDHH). Actuamos en alianza con organizacións locais do Norte e do Sur Global, fomentando a equidade de xénero, a sustentabilidade e a xustiza social a través de procesos colectivos. Cremos no poder transformador das persoas e na forza das alianzas para facer posible outro mundo.
Coñece máis sobre a nosa misión, visión e valores: https://www.acppasamblea.org/acpp/conocenos/
Compromiso coa igualdade e a perspectiva de xénero
En ACPP entendemos a equidade de xénero e a diversidade como principios políticos e transformadores que guían tanto as nosas accións externas como a nosa forma de organizarnos internamente. Apostamos por unha mirada feminista interseccional que recoñece e valora a pluralidade de identidades, experiencias e voces, e que atravesa os nosos proxectos, relacións e estruturas. Por iso, en cada proceso de selección, valoramos especialmente a sensibilidade, a experiencia e a disposición cara a este enfoque como parte fundamental do noso compromiso organizativo.
Obxectivo principal do posto
Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) busca unha persoa para incorporarse ao equipo da organización en Galicia. A persoa contratada será co-responsable na execución dos proxectos de Educación para o Desenvolvemento e apoiará na xestión dos proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento e/ou acción humanitaria que se determinen. Todo co obxectivo de desenvolver a estratexia de ACPP en consonancia cos valores da organización.
Funcións e tarefas:
- Identificar, formular e executar – baixo a súa responsabilidade – proxectos de Educación para o Desenvolvemento. En concreto, as tarefas que se inclúen baixo esta premisa:
- Deseñar propostas metodolóxicas, materiais educativos e de sensibilización.
- Traballar con profesorado e centros educativos no desenvolvemento de accións formativas e de sensibilización.
- Impartir formacións e dinamizar grupos, especialmente con poboación moza.
- Xestionar viaxes internacionais vinculadas aos proxectos e acompañar a activistas e organizacións do Sur en visitas, xiras ou actividades en Galicia.
- Coordinar e facer seguimento técnico e económico dos proxectos, incluíndo a xustificación ante entidades financiadoras.
- Apoiar na xestión das relacións con entidades financiadoras, organizacións sociais, redes e calquera outro espazo que se considere pertinente desde a coordinación de ACPP Galicia.
- Manter contacto e dinamizar a base social da organización en Galicia.
- Xestionar tarefas básicas de contabilidade e caixa da delegación.
- Elaborar contidos para comunicación en redes sociais, redactar artigos e notas de prensa, e apoiar na estratexia de comunicación da delegación.
- Apoiar na xestión de intervencións no área de cooperación internacional ao desenvolvemento e/ou acción humanitaria.
- Identificar redes e posibles alianzas para o traballo en conxunto.
- Apoiar na representación da organización nos espazos de participación nos que se integra.
Perfil requirido:
- Manexo oral e escrito dos idiomas galego e castelán.
- Coñecementos no ámbito da Educación para o Desenvolvemento.
- Coñecementos de cooperación internacional ao desenvolvemento e/ou axuda humanitaria.
- Experiencia en coordinación e seguimento de proxectos.
- Capacidade de planificación, organización e priorización de tarefas.
- Experiencia en dinamización de grupos e/ou impartición de formacións.
- Capacidade de comunicación oral e escrita, incluíndo redacción de contidos.
- Manexo das ferramentas informáticas do paquete Office, internet e correo electrónico.
- Persoa dinámica, con iniciativa e capacidade de traballo en equipo.
Valorarase:
- Ser socia/o de ACPP.
- Experiencia previa en postos similares ao ofertado.
- Experiencia en traballo con mocidade e centros educativos.
- Coñecementos do tecido asociativo en Galicia.
- Coñecementos adicionais en DDHH, Enfoque Baseado en DDHH, Cultura de Paz, Interculturalidade e Equidade de Xénero.
- Experiencia previa de traballo nalgunha organización da sociedade civil.
Perfil persoal:
- Capacidade de identificación cos valores e cultura de ACPP.
- Boa capacidade de comunicación oral e escrita.
- Habilidades sociais e de convivencia en espazos de traballo compartidos.
- Autonomía, responsabilidade e capacidade de adaptación.
CONDICIONS LABORAIS:
- Tipo de contrato: indefinido con período de proba atendendo ao grupo salarial, xornada completa (37h 30m/semana)
- Lugar de traballo: sede de ACPP Galicia en Santiago de Compostela.
- Salario: salario bruto anual entre 21.414,64 € e 27.665,18 € ao ano en base á experiencia, coñecementos e capacidade da persoa seleccionada.
- Beneficios adicionais: teletraballo dous días fixos á semana (xoves e venres) e 18 días de libre disposición ao ano desde calquera lugar (II Acordo de teletraballo interno).
- Ambiente laboral: Ofrecemos unha contorna de traballo colaborativa, comprometido coa xustiza social, o coidado mutuo e a aprendizaxe colectiva, onde se valoran a diversidade, a iniciativa e o traballo en equipo.
- Data aproximada de incorporación: 30 de marzo de 2026.
Presentación de candidaturas:
As persoas interesadas deberán enviar CV e carta de motivación ata o día 9 de marzo de 2026.
Achegaranse por correo electrónico a galicia@acppasamblea.org poñendo na liña de asunto: “Posto técnico + nome e apelidos da persoa candidata”.
Os CV enviados fóra de prazo ou que non envían toda a documentación requirida (currículo + carta de motivación) non se terán en conta no proceso de selección.
Só se contestarán aquelas candidaturas que resulten preseleccionadas.
Na selección de CV e perfil definitivo terase en conta o equilibrio de xénero co resto de integrantes da equipa.
Igualdade de oportunidades e non discriminación
Seguindo o compromiso adquirido por parte da organización coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, terase en conta na selección definitiva a prioridade na contratación do sexo sub-representado en condicións equivalentes de idoneidade. Así mesmo, terase a posibilidade de concursar a esta oferta enviando CV cegos, que serán considerados en igualdade de condicións que o resto e cuxa idoneidade se valorará igualmente en función dos requisitos para o posto.
