Mastodon

PERSOAL TÉCNICO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

Breve descrición da organización

Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) é unha organización non gobernamental, laica e feminista, comprometida desde 1990 coa transformación social e a construción dun mundo máis xusto. Defendemos a paz como dereito e como proceso, promovendo unha cultura de paz a través da cooperación internacional, a acción humanitaria, a participación cidadá e a defensa activa dos dereitos humanos (DDHH). Actuamos en alianza con organizacións locais do Norte e do Sur Global, fomentando a equidade de xénero, a sustentabilidade e a xustiza social a través de procesos colectivos. Cremos no poder transformador das persoas e na forza das alianzas para facer posible outro mundo.

Coñece máis sobre a nosa misión, visión e valores: https://www.acppasamblea.org/acpp/conocenos/

 

Compromiso coa igualdade e a perspectiva de xénero

En ACPP entendemos a equidade de xénero e a diversidade como principios políticos e transformadores que guían tanto as nosas accións externas como a nosa forma de organizarnos internamente. Apostamos por unha mirada feminista interseccional que recoñece e valora a pluralidade de identidades, experiencias e voces, e que atravesa os nosos proxectos, relacións e estruturas. Por iso, en cada proceso de selección, valoramos especialmente a sensibilidade, a experiencia e a disposición cara a este enfoque como parte fundamental do noso compromiso organizativo.

 

Obxectivo principal do posto

Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) busca unha persoa para incorporarse ao equipo da organización en Galicia. A persoa contratada será co-responsable na execución dos proxectos de Educación para o Desenvolvemento e apoiará na xestión dos proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento e/ou acción humanitaria que se determinen. Todo co obxectivo de desenvolver a estratexia de ACPP en consonancia cos valores da organización.

Funcións e tarefas:

  • Identificar, formular e executar – baixo a súa responsabilidade – proxectos de Educación para o Desenvolvemento. En concreto, as tarefas que se inclúen baixo esta premisa:
    1. Deseñar propostas metodolóxicas, materiais educativos e de sensibilización.
    2. Traballar con profesorado e centros educativos no desenvolvemento de accións formativas e de sensibilización.
    3. Impartir formacións e dinamizar grupos, especialmente con poboación moza.
    4. Xestionar viaxes internacionais vinculadas aos proxectos e acompañar a activistas e organizacións do Sur en visitas, xiras ou actividades en Galicia.
  • Coordinar e facer seguimento técnico e económico dos proxectos, incluíndo a xustificación ante entidades financiadoras.
  • Apoiar na xestión das relacións con entidades financiadoras, organizacións sociais, redes e calquera outro espazo que se considere pertinente desde a coordinación de ACPP Galicia.
  • Manter contacto e dinamizar a base social da organización en Galicia.
  • Xestionar tarefas básicas de contabilidade e caixa da delegación.
  • Elaborar contidos para comunicación en redes sociais, redactar artigos e notas de prensa, e apoiar na estratexia de comunicación da delegación.
  • Apoiar na xestión de intervencións no área de cooperación internacional ao desenvolvemento e/ou acción humanitaria.
  • Identificar redes e posibles alianzas para o traballo en conxunto.
  • Apoiar na representación da organización nos espazos de participación nos que se integra.

 

Perfil requirido:

  • Manexo oral e escrito dos idiomas galego e castelán.
  • Coñecementos no ámbito da Educación para o Desenvolvemento.
  • Coñecementos de cooperación internacional ao desenvolvemento e/ou axuda humanitaria.
  • Experiencia en coordinación e seguimento de proxectos.
  • Capacidade de planificación, organización e priorización de tarefas.
  • Experiencia en dinamización de grupos e/ou impartición de formacións.
  • Capacidade de comunicación oral e escrita, incluíndo redacción de contidos.
  • Manexo das ferramentas informáticas do paquete Office, internet e correo electrónico.
  • Persoa dinámica, con iniciativa e capacidade de traballo en equipo.

 

Valorarase:

  • Ser socia/o de ACPP.
  • Experiencia previa en postos similares ao ofertado.
  • Experiencia en traballo con mocidade e centros educativos.
  • Coñecementos do tecido asociativo en Galicia.
  • Coñecementos adicionais en DDHH, Enfoque Baseado en DDHH, Cultura de Paz, Interculturalidade e Equidade de Xénero.
  • Experiencia previa de traballo nalgunha organización da sociedade civil.

 

Perfil persoal:

  • Capacidade de identificación cos valores e cultura de ACPP.
  • Boa capacidade de comunicación oral e escrita.
  • Habilidades sociais e de convivencia en espazos de traballo compartidos.
  • Autonomía, responsabilidade e capacidade de adaptación.

 

CONDICIONS LABORAIS:

  • Tipo de contrato: indefinido con período de proba atendendo ao grupo salarial, xornada completa (37h 30m/semana)
  • Lugar de traballo: sede de ACPP Galicia en Santiago de Compostela.
  • Salario: salario bruto anual entre 21.414,64 € e 27.665,18 € ao ano en base á experiencia, coñecementos e capacidade da persoa seleccionada.
  • Beneficios adicionais: teletraballo dous días fixos á semana (xoves e venres) e 18 días de libre disposición ao ano desde calquera lugar (II Acordo de teletraballo interno).
  • Ambiente laboral: Ofrecemos unha contorna de traballo colaborativa, comprometido coa xustiza social, o coidado mutuo e a aprendizaxe colectiva, onde se valoran a diversidade, a iniciativa e o traballo en equipo.
  • Data aproximada de incorporación: 30 de marzo de 2026.

 

Presentación de candidaturas:

As persoas interesadas deberán enviar CV e carta de motivación ata o día 9 de marzo de 2026.

Achegaranse por correo electrónico a galicia@acppasamblea.org poñendo na liña de asunto: “Posto técnico + nome e apelidos da persoa candidata”.

 

Os CV enviados fóra de prazo ou que non envían toda a documentación requirida (currículo + carta de motivación) non se terán en conta no proceso de selección.

Só se contestarán aquelas candidaturas que resulten preseleccionadas.

Na selección de CV e perfil definitivo terase en conta o equilibrio de xénero co resto de integrantes da equipa.

 

Igualdade de oportunidades e non discriminación

Seguindo o compromiso adquirido por parte da organización coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, terase en conta na selección definitiva a prioridade na contratación do sexo sub-representado en condicións equivalentes de idoneidade. Así mesmo, terase a posibilidade de concursar a esta oferta enviando CV cegos, que serán considerados en igualdade de condicións que o resto e cuxa idoneidade se valorará igualmente en función dos requisitos para o posto.

 

AVISO: Cláusula de tratamento de datos persoais

Informámosche que trataremos os datos contidos no currículo proporcionado, en calidade de responsables do tratamento, para valorar as candidaturas nas postos vacantes de Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP).

A base xurídica que lexitima o tratamento dos teus datos será a aplicación de medidas precontractuais, de acordo con o disposto no artigo art. 6.1.b) de RGPD.

Traducir »
Ir al contenido